Vista normal Vista MARC Vista ISBD

QUERO PEIXE! / ÁSLAUG JÓNSDÓTTIR

por Jónsdóttir, Aslaug.
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: VERDEMAR COLECCION.Editor: :ALVARELLOS EDITORA ,2019 Edición: 2019.Descrición: 28 :il cor ;22cm.ISBN: 8416460612.Materia(s): Familia -- CuentosRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP Plurilingüe Albino Núñez
Sala préstamo
N-G JÓN que 1 Dispoñible Sección: PRELECTORES - LIBROS PARA CONTAR OEC016000010934

Quero peixe! é un conto islandés para nenas e nenos que saben o que queren. Escrito e ilustrado pola premiada autora Áslaug Jónsdóttir, narra a historia dunha nena que ten moi claro o que desexa, pero nin papá nin mamá semellan entendela. Un relato divertido e sinxelo creado para interactuar coas lectoras e lectores máis novos. Mar ben sabe o que quere. Ela quere peixe! Papá e mamá cren saber o que pide Mar, e tráenlle xoguetes, roupa... e pensan que lle van gustar, pero Mar non quere iso. Ela quere peixe. Despois de moitas voltas e reviravoltas, mamá e papá entenderán por fin o que quere Mar e cociñan para ela o seu prato favorito. Describe a vida cotiá dun matrimonio cunha filla. A nena, que aínda non sabe ler nin escribir, ten unha idea firme na cabeza: quere comer peixe, pero papá e mamá nin se imaxinan que iso é precisamente o que ela quere. Non a entenden, e tráenlle unha chea de cousas que ela non pedía. A historia reflicte a frustración dunha nena cuxos pais non chegan a entender o que ela pide. Ilustracións moi doadas e directas reforzan a comprensión das emocións da protagonista. A obra revela, dun xeito divertido, a incapacidade ás veces dos adultos para “escoitar” ás crianzas e entender o que eles realmente desexan.

Coa tecnoloxía Koha